martes, 28 de noviembre de 2023

¿Qué es un mito?

  Durante estas semanas hemos estado repasando el género narrativo y sus subgéneros. Le hemos prestado especial atención  a los mitos por ser, hasta el momento, el subgénero más desconocido para algunos. Ya sabemos cuáles son la características principales de los mismos, y hoy...¡Nos hemos atrevido a improvisar la representación de alguno de ellos! Echadle un ojo, a ver qué os parecen. Seguiremos con más entregas en las próximas semanas.

Eco y Narciso

Arácnide, la tejedora

martes, 14 de marzo de 2023

 A semana pasada foi moi especial porque recibimos a visita da avoa e da nai dunha das nosas alumnas. Ambas viñeron para impartir un obradoiro sobre pintura de pedras. Canto aprendeu e canto desfrutou o noso alumando.Moitísimas grazas Helena e Raisa!











jueves, 22 de diciembre de 2022

Boas festas!

 Celebramos a despedida do trimestre cun festival protagonizado por verdadeir@s artistas, parabéns a tod@s!




Tamén fixemos entrega dos diplomas aos gañado@s do certame lector. Para que sigades lendo aquí vos deixo algunhas suxerencias.





martes, 20 de diciembre de 2022

Teatro de títeres

Como participantes do Plan Proxecta "Pasaporte Solidario" organizamos unha serie de actividades para axudar aos máis afectados no conflito bélico ruso-ucraniano. Aquí tedes unha delas: un teatrillo de títeres onde lle explicamos aos máis pequenos as consecuencias do devandito conflito e tratamos de conciencialos para que participen na recollida de alimentos e roupa e poñan así de manifesto a súa solidaridade cos máis necesitados.









O alumnado de Proxecto Competencial fixo moi bo traballo, non soamente deseñando e participando nesta actividade, senón tamén colaborando moi activamente no transporte, inventariado e clasificación de todas as aportacións realizadas pola  veciñanza e as familias que se acercaron ao centro para colaborar. Moitas grazas a tod@s!












lunes, 19 de diciembre de 2022

Saídas á contorna


 Estes días estamos realizando saídas á contorna máis próxima. A primeira consitiu en acompañar á rapazada de infantil a depositar  as súas postais de nadal no buzón, e a segunda, tivo lugar o venres pasado, dentro das actividades deseñadas para levar a cabo o proxecto documental integrado que coñecedes. Con esta última actividade aprendemos moito acerca da historia dos barrios máis próximos á nosa escola.













jueves, 17 de noviembre de 2022

Obradoiro de poesía

 Como sabedes, estamos lendo "Sopa de Europa", 
de Rafael Ordóñez. Este texto narrativo conta a historia dun grupo de alumnos que gañan unha viaxe por diferentes países europeos. Tras a visita a cada un destes  países deben escribir unha redacción contando os aspectos máis relevantes destes lugares. Aproveitamos esta lectura para crear poemas  dedicados eses territorios.

Aquí tedes unha mostra dos poemas creados. Agardamos que vos gusten!















miércoles, 9 de noviembre de 2022

Momentos de convivencia

 Fai dúas semanas vivimos momentos moi especiais de convivencia: 

Visitamos ao alumnado de 6º de Educación Infantil para ilustralos acerca das características do acebo e das condicións óptimas para o seu cultivo. Tras a explicación, xuntos, prantamos un acebo na parte traseira da escola.










Tamén celebramos o Samaín !





¿Qué es un mito?

  Durante estas semanas hemos estado repasando el género narrativo y sus subgéneros. Le hemos prestado especial atención  a los mitos por se...